DUVI | A localidade finesa de Hämeenlinna acolle nestes días unha reunión de traballo do proxecto europeo MeetYourForest, que ten como principal obxectivo desenvolver un conxunto de accións que permitan dar a coñecer o valor económico e ambiental dos bosques nun contexto marcado polo despoboamento do rural. Nese obxectivo, os diferentes socios do proxecto, entre os que se atopa a Escola de Enxeñaría Forestal, traballan nestes días no deseño de dez unidades didácticas, que se reunirán nun libro electrónico que porá o foco, entre outros aspectos, “na colaboración entre propietarios forestais para a xestión conxunta” e nos “impactos previsibles do cambio climático nas principais producións forestais”, á vez que recollerá unha compilación de boas prácticas seleccionadas nos catro países participantes no proxecto, Noruega, Finlandia, Portugal e España.