DUVI | Investigadores do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, CIM-UVigo, acaban de publicar na revista científica Animals un artigo no que resaltan a importancia de integrar a información xenética na xestión dos stocks de pescada, unha investigación levada a cabo dentro do grupo de Recursos Xenéticos Mariños (ReXenMar) e que se basea nunha investigación realizada durante o período 2015-2020 a bordo de diferentes buques, tanto comerciais como de investigación, e que incluíu a mostraxe das cinco rexións principais nas que se distribúe a pescada europea (Merluccius merluccius).