Divulgando Ciencia Singular no Cintecx

Divulgando Ciencia Singular

O Cintecx abrirá o día 28 a partir das 16.00 h, coa visita do alumnado do Bacharelato STEM do colexio Compañía de María de Vigo, para o que deseñaron un programa de actividades que comprende tres obradoiros. Por unha banda, un taller de combustión, no que aprenderán dende os conceptos máis simples ata a súa aplicación a sistemas complexos e reais como motores de combustión, plantas de xeración de enerxía, etc. Unha segunda actividade centrarase na intelixencia artificial, para explicar dun xeito interactivo, a súa aplicación no mundo da enxeñaría. As persoas asistentes resolverán un problema de visión artificial e aprenderán la importancia da compilación de datos, desenvolvendo a súa capacidade resolutiva e súa imaxinación. O programa complétase cun obradoiro de desenvolvemento sostible e biotecnoloxía, no que o alumnado fará experimentos de tratamento de augas coloreadas empregando adsorbentes producidos a partir de residuos.