Infloresciencia

Un ano máis a Unidade de Cultura Científica organiza a expo-feira científica: a ciencia que vén, pero esta edición será na cidade de Pontevedra. Baixo o lema infloresciencia, o evento achegará o traballo do persoal investigador da Universidade de Vigo á cidadania e a ciencia agromará e tomará forma na praza da Ferrería de Pontevedra o vindeiro 31 de maio.

Na xornada pola mañá haberá unha visita concertada con rapaces de 5º e 6º de primaria do CEIP Barcelos e CEIP Froebel. Xa pola tarde, a feira abrirá ao público xeral dende as 16.30 h ata as 19.30 h. A feria é unha actividade de acceso libre gratuíta dirixida a un público familiar que está formada por obradoiros, espazos interactivos, xogos e charlas divulgativas para todos os públicos.
O acceso é libre dende as 16.30 h ata as 19.30 h.

Programa

Inscrición previa | Alá ti!

A feira, que está organizada pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+I) da Universidade de Vigo, forma parte do seu programa anual de actividades 23-24 “Ciencia de Ida e Volta”. Conta coa financiación da Fundación Española para la Ciencia y Tecnología (FECYT) del Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades e da Deputación de Pontevedra, e coa colaboración do Concello de Pontevedra.