DUVI | Froitas con zapatillas deportivas e que lembran a importancia dunha alimentación variada e equilibrada, personaxes con forma de pinga que inciden na necesidade de inxerir entre catro e seis vasos de auga ao día e figuras que representan pantallas e que reclaman un consumo responsable dos dispositivos tecnolóxicos… As investigadoras do grupo Remoss da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Cristina Varela e Begoña Paz, xunto coa asociación Paspallás, achegaron esta serie de personaxes ata as paredes do servizo de consultas externas infantís do Hospital Naval de Ferrol, onde levaron a cabo un proxecto de ambientación dirixido a fomentar hábitos saudables na infancia e na mocidade.
Froitas en zapatillas deportivas para promover hábitos saudables na infancia e mocidade
