I+D+i para solventar as necesidades do vehículo eléctrico e conseguir medios de transporte máis sostibles

DUVI | Mellorar a refrixeración das baterías e dos compoñentes electrónicos dos vehículos eléctricos. Este é, en liñas moi xerais, o principal obxectivo dun dos proxectos de investigación no que está metido de cheo o Grupo de Tecnoloxías Enerxéticas, un traballo liderado pola profesora Concepción Paz Penín, directora de Cintecx, o Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da Universidade de Vigo.