Investigadoras da EE Forestal crean unha metodoloxía para localizar plantacións de castiñeiros a partires de imaxes por satélite

Imanes por satélite

DUVI | Máis aló dos soutos presentes en múltiples puntos de Galicia, na comunidade existen tamén múltiples plantacións de castiñeiros novos, en moitos casos de reducidas dimensións, e polo tanto máis complexas de detectar e contabilizar. Partindo desa idea, investigadores e investigadoras da Escola de Enxeñaría Forestal desenvolveron unha metodoloxía que permite detectar e cuantificar este tipo de plantacións, sustentada no uso de fontes cartográficas oficiais de libre acceso e das imaxes tomadas polos satélites Sentinel da Axencia Estatal Europea. “Trátase dunha metodoloxía para unha cuestión moi específica, para un fenómeno que se está dando no territorio galego, que crece en determinadas contornas e para o que non había unha forma de saber cantos castiñeiros se están plantando”, salienta a profesora Julia Armesto.