Investigadores da UVigo convértense nos autores da primeira referencia das interaccións planta-insecto do Xurásico Medio na península ibérica

Mapa xeográfico e xeológico do afloramiento de Camarena

DUVI | No Xurásico Medio, hai 170 millóns de anos, a península ibérica vivía un momento de grande actividade volcánica. Varias zonas do leste estaban nese momento somerxidas, e mentres o dinosauros eran os vertebrados  dominantes, a flora estaba composta, sobre todo, por fentos, bennettitais e cicadais. Nese escenario, preto da fronteira do que na actualidade son as provincias de Teruel e Valencia, orixinouse, a máis de 150 quilómetros da costa máis próxima, unha illa de orixe volcánica, denominada Camarena, que foi colonizada por unha flora dominada por ximnospermas.