Investigadores da UVigo desenvolven unha web que amosa a estimación a dous días vista de casos de contaxio por COVID-19

Web casos coronavirus

DUVI | O Grupo de Enxeñaría Física da Universidade de Vigo ten en marcha unha páxina web na que se pode consultar a súa predición a dous días vista de casos de contaxio de COVID-19 tanto en Galicia como no conxunto de España baseándose nos datos proporcionados diariamente polo Ministerio de Sanidade. A través de sinxelos gráficos, as persoas interesadas poden coñecer cada día a evolución da cifra de persoas contaxiadas por coronavirus e a estimación da mesma para os seguintes días que fan os investigadores da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense.

“Decidín pór en marcha esta web ante a necesidade que hai de seguir a evolución da enfermidade”, explica Humberto Michinel, catedrático da Universidade de Vigo e responsable da iniciativa. Na ferramenta habilitada, indica, “cada día publicamos…