Investigadores da UVigo, o MUJA e a Fundación Dinópolis describen unha nova especie de planta hepática do Xurásico atopada en Asturias

DUVI | Investigadores da Universidade de Vigo, do Museo del Jurásico de Asturias (MUJA) e da Fundación Conjunto Paleontológico de Teruel-Dinópolis acaban de describir unha nova especie de planta hepática fósil do Xurásico Superior descuberta en Asturias. Este avance científico foi presentado este mércores nun acto no MUJA no que participaron o conselleiro de Ciencia, Innovación e Universidade, Borja Sánchez, a alcaldesa de Colunga, Sandra Cuesta, e parte do equipo de investigación implicado neste estudo.