Investigadores de atlanTTic avanzan no desenvolvemento dunha solución tecnolóxica para o control do lavado de mans

APP

DUVI | O 15 de outubro celébrase o Día Mundial do Lavado de Mans, unha data que este ano cobra especial relevancia debido á crise sanitaria da covid-19 que pon de manifesto a eficacia desta medida hixiénica para protexerse do coronavirus, sempre e cando se realice de acordo ás pautas indicadas pola comunidade médica. Precisamente, conscientes da importancia desta simple acción, os investigadores Juan Manuel Santos Gago, Luis Álvarez Sabucedo e Mateo Ramos, do Grupo de Enxeñaría de Sistemas Telemáticos -GIST- do centro de investigación atlanTTic, acaban de poñer en marcha un proxecto que busca desenvolver unha solución tecnolóxica que ofreza soporte á aprendizaxe do proceso de lavado de mans, atendendo ás recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS).