Investigadores de atlanTTic crean unha app que lles facilita o día a día no traballo ás persoas con autismo

Silvia García, Milagros Fernández, Jonathan Juncal e Enrique Costa

DUVI | Xa pode descargarse para calquera dispositivo móbil Android  talkAACtive, unha aplicación gratuíta dirixida a facilitarlle ás persoas con autismo a súa comunicación na contorna laboral.  A nova app foi deseñada polo Grupo de Tecnoloxías da Información do centro de investigación atlanTTic da Universidade de Vigo,  grazas ao financiamento achegado por Indra, unha das principais empresas globais de tecnoloxía e consultaría, e a Fundación Universia, entidade que impulsa a accesibilidade e a inclusión das persoas con discapacidade na sociedade, que seleccionaron este proxecto, entre máis de 70 presentados por diferentes universidades españolas, como un dos tres traballos gañadores da II Convocatoria de Axudas a Proxectos de Investigación de Tecnoloxías Accesibles.