DUVI | Os investigadores de atlanTTic Fernando Pérez-González e Alberto Pedrouzo, coordinados polo centro de investigación Gradiant, ocuparanse da dirección científica do proxecto europeo Trumpet (Trustworthy Multi-site Privacy Enhancing Technologies), que pretende desenvolver unha ferramenta eficaz que evite as fugas de información e perdas de privacidade do denominado aprendizaxe federado, un potente concepto creado por Google en 2016, que se emprega en medicina, defensa, telecomunicacións ou farmacia.