DUVI | Investigadores do Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións e do Grupo de Antenas, Radar e Comunicacións Ópticas, ambos de atlanTTic, participaron no deseño dun sistema de antenas máis eficiente para os satélites destinados a comunicacións de alta capacidade. A súa proposta baséase nunha configuración que permite ter a mesma cobertura coa metade das antenas, o que repercute, entre outros aspectos, nunha redución de custes.