Investigadores de Ciencias da Educación e do Deporte definirán o plan de adestramento dos ciclistas do Padronés Cortizo

DUVI | Achegar un soporte científico á preparación dos deportistas do Club Ciclista Padronés Cortizo, a través da realización dunha serie de avaliacións que permitan identificar áreas de mellora e definir pautas de adestramento específicas para cada ciclista. Este é o traballo que os investigadores e investigadoras do Laboratorio de Rendemento Deportivo, Condición Física e Benestar da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte levarán a cabo cos ciclistas das categorías elite, sub23 e júnior do club ao abeiro dun contrato de I+D.