DUVI | Baixo o nome de SUSVINPRO, persoal docente e investigador de Enxeñaría Agraria da Facultade de Ciencias do campus de Ourense está a desenvolver un proxecto estatal de mellora da sostibilidade de viñedos en Europa. Desde o pasado ano e ata 2025, avanzará nos sistemas de alertas de pragas e nos cultivos de cobertura, creando unha estación de alerta de posibles infeccións fúnxicas en dúas áreas bioclimáticas europeas.