Investigadores de sete países elaboran ferramentas que contribúan á restauración de ecosistemas costeiros

DUVI | Investigadores e investigadoras de case unha vintena de institucións de sete países europeos: Noruega, Francia, Dinamarca, Irlanda, Italia, Portugal e España, traballarán ata o ano 2025 no desenvolvemento de ferramentas deseñadas para servir de guía cara á restauración dos ecosistemas e ao aumento da resiliencia nos climas costeiros, nunha área que abrangue desde Svalbard, no océano Ártico, ata a illa de Madeira.