DUVI | Investigadores das universidades de Santiago de Compostela e Vigo acaban de comparar a dinámica xeográfica de expansión da gripe e da covid-19, evidenciando a singularidade desta última, máis heteroxénea e susceptible ás medidas adoptadas para mitigar a súa propagación. Os científicos desenvolveron unha técnica capaz de predicir a evolución das pandemias a partir da construción dun arquivo de patróns dinámicos observados no pasado en diferentes períodos de tempo. O modelado empírico dinámico é unha técnica non paramétrica que permite cruzar os datos dese arquivo coa situación actual e realizar estimacións sobre cal será o seu progreso.