DUVI | Despois de varios anos dedicados ao estudo taxonómico e ao exame exhaustivo da bibliografía existente, un equipo de investigadoras e investigadores do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, CIM-UVigo, e do Instituto Español de Oceanografía, acaba de publicar un artigo no que se dá a coñecer unha listaxe actualizada de 138 especies de cefalópodos para toda a zona do Gran Ecosistema Mariño da Corrente de Canarias, CCLME, onde se alberga un dos catro principais sistemas de afloramento mariño a nivel mundial e se produce a maior industria pesqueira da costa atlántica africana, cunha produción anual de entre dous e tres millóns de toneladas, incluíndo as principais especies comerciais de cefalópodos: luras, sepias e polbos.