DUVI | “En España, as políticas de protección do solo céntranse principalmente na loita contra a desertificación e a contaminación, e más recentemente está sobre a mesa a proposición de Ley de suelos de alto valor agrológico y otros suelos de interés agrario (122/000321), pero xa é hora de que as políticas de conservación teñan en consideración que os solos están vivos e inclúan especificamente a protección dos organismos edáficos e as funcións que realizan, e non só para asegurar as que as actividades industriais, urbanísticas e agrarias sigan a funcionar ao mesmo ritmo”, explica a catedrática do Departamento de ecoloxía e bioloxía animal da Universidade de Vigo María Jesús Iglesias Briones. Xunto a case unha trintena de investigadores internacionais, Iglesias Briones asina un artigo que este venres publicará Science titulado Tracking, targeting, and conserving soil biodiversity. A monitoring and indicator system can inform policy, no que este grupo de científicos e científicas, liderados por Carlos A. Guerra da Universidade de Leipzig, alerta da necesidade de que a biodiversidade dos solos e os servizos ecosistémicos que dependen da mesma, sexan incorporados nas estratexias e políticas internacionais de conservación e manexo dos solos.
Investigadores internacionais alertan en Science da urxencia de preservar a biodiversidade dos solos para protexelos
