DUVI | Hai 40 anos nacía o International Institute of Fisheries Economics and Trade (IIFET), unha organización mundial, que na actualidade integra máis de 700 membros de 65 países, co obxectivo de avanzar no uso efectivo da análise económica para dar resposta a cuestións clave sobre o uso sostible dos recursos mariños e asegurar a continuidade e opcións de futuro para as os produtores de alimentos do mar, procurando ao mesmo tempo perspectivas innovadoras como a avaliación de recursos mariños, conflitos sobre o uso dos recursos, sustentabilidade e crecemento azul, cambio climático, xestión ecosistémica e avaliación de bens e servizos ambientais, mercados internacionais e formación de prezos.