Máis secas, máis contaminación, máis mortalidade

Coral Salvador

DUVI | Na súa tese de doutoramento, Coral Salvador, investigadora do Grupo Ephyslab (Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo) abordou “por primeira vez en Europa, e en particular sobre a península ibérica, os efectos das secas na mortalidade diaria por causas naturais, causas circulatorias e respiratorias”. Entre os resultados obtidos sinálase que, en xeral, o impacto destes eventos na mortalidade explicouse principalmente polo seu efecto no aumento da contaminación e as ondas de calor e que particularmente en España, no período estudado (2000-2009), observouse unha maior incidencia sobre os decesos por causas respiratorias.