DUVI | Por segundo ano consecutivo, a praza do Berbés converteuse este venres no epicentro da divulgación científica. Co dobre obxectivo de fomentar entre as e os máis novos as vocacións científicas e tecnolóxicas e dar a coñecer á sociedade o traballo que desenvolve o seu persoal investigador, nomeadamente as mulleres, a Universidade de Vigo volveu sacar a ciencia á rúa nunha nova edición da expo-feira A ciencia que vén ten nome de muller.