Máquinas e interaccións que conducen á xénese do “acto de debuxar”

DUVI | Os conceptos do interactivo e a interactividade nas obras de arte centraron en gran medida a investigación, teórica e artística, que o alumno de doutoramento da Facultade de Belas Artes Marco Moreira desenvolveu para a súa tese, que na tarde deste venres defende na sede da Fundación RAC, onde, horas despois, inaugura Primum Movens, exposición na que reúne unha selección de obras xurdidas desta investigación. Promovida polo grupo de investigación dx5, esta mostra reúne un conxunto de “artefactos e instalacións murais” que se mostran como unha sorte de “máquinas de debuxar potencialmente interactivas, que involucran o espectador no proceso”, como salienta a profesora Anne Heyvaert, comisaria desta exposición e directora da tese de Moreira.