Medio cento de actividades de divulgación e lecer científico para celebrar a G-Night en Galicia

DUVI | G-Night volverá encher de ciencia as rúas, museos e bares galegos o vindeiro 29 de setembro. A terceira edición da Noite Galega das Persoas investigadoras contará con preto de 50 actividades de divulgación, lecer e entretemento científico baixo o lema ‘Conciencias Creativas’. Os obradoiros, paseos, visitas guiadas, charlas e espectáculos gratuítos terán lugar nunha vintena de localizacións, espalladas polas sete principais cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo.