DUVI | O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller e un ano máis, a Universidade de Vigo volve a unirse ás reivindicacións dunha sociedade na que homes e mulleres vivan en pé de igualdade. Será no acto institucional que se celebrará no campus de Ourense o xoves 6 e no que se entregará o premio ao compromiso coa igualdade de xénero na UVigo, Uviguala.