DUVI | Que unha persoa galegofalante poida interactuar co mundo dixital na súa lingua precisa do desenvolvemento da tecnoloxía que o faga posible e para que esta tecnoloxía entenda e fale galego son necesarias gravacións de voces (datasets), que permiten adestrar os algoritmos de intelixencia artificial que usan os axentes conversacionais por voz, en dominios como, por exemplo, a saúde ou os trámites administrativos, que resultan especialmente necesarios no caso das persoas maiores ou con algunha discapacidade.