DUVI | A Universidade de Vigo volve sumarse á celebración do 11F, o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, cun amplo programa de actividades. Este martes as grandes protagonistas foron as 168 alumnas de Ensino Secundario Obrigatorio que participaron nos diferentes obradoiros organizados para elas baixo a denominación Elas Fan CienTec, toda unha serie de iniciativas artelladas por científicas e tecnólogas da Universidade de Vigo, coa colaboración da Unidade de Igualdade e a Unidade de Cultura Científica, co obxectivo de darlles a oportunidade de experimentar e ser as protagonistas por un día da Ciencia e da Tecnoloxía e de coñecer en persoa a mulleres da súa contorna que son referentes de primeiro nivel.