Novas actividades na UVigo para celebrar o Día Mundial da Creatividade e da Innovación

DUVI | Coincidindo co 21 de abril, Día Mundial da Creatividade e da Innovación, a UVigo lanza novas actividades coas que celebrar esta data e que se suman, nos campus de Vigo e Ourense, a todas as actividades programadas en Pontevedra ao abeiro da Semana CREA, programación que arrancará maña martes e que engloba unha decena de conferencias, mesas de debate e obradoiros tanto no campus como noutros espazos da cidade.

As actividades organizadas para os campus de Vigo e Ourense chegan da man da Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i), englobadas dentro do Plan de Ciencia de Ida e Volta, iniciativa que conta co apoio da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.