Novos avances na consecución de produtos ‘bio’ de alto valor industrial a partir de residuos agrarios

Xanel Vecino

DUVI | O grupo de investigación de Enxeñaría Química 10 (EQ 10) da Universidade de Vigo leva anos estudando como converter os residuos agrarios en produtos de alto valor industrial susceptibles de ser aplicados en farmacia, cosmética ou medio ambiente. Froito deste traballo conseguiron xa múltiples avances, sobre todo no campo dos biosurfactantes, moléculas de orixe biolóxico e excelente compatibilidade ambiental con múltiples aplicacións na industria química, alimentaria cosmética e farmacéutica, e agora acaban de pór en marcha un novo proxecto co que pretenden optimizar, mediante procesos máis amigables co medio ambiente e sen xerar ningún tipo de residuo, o proceso habitual de recuperación, separación e purificación destas moléculas.