O 50% das traballadoras estranxeiras tería que mudar de ocupación para estar equilibradamente representadas no mercado laboral

Investigadoras do grupo ECOSOT

DUVI | Co obxectivo de comprender as orixes e identificar as consecuencias da desigualdade e da exclusión social botou a andar en decembro de 2016 un proxecto do Plan Nacional de I+D+i no que participaron, como membros do equipo ou como colaboradores externos, catro investigadoras e investigadores da Universidade de Vigo. Coral del Río, Olga Alonso, Carlos Gradín e Amaia Palencia, do grupo Ecosot, xunto con especialistas das universidades de Alcalá, Autónoma de Barcelona, Complutense de Madrid e Rey Juan Carlos, coordinaron un subproxecto centrado nas desigualdades económicas no mercado de traballo, analizando e cuantificando a segregación ocupacional. Rematado o período de tres anos de duración deste estudo, estanse dando a coñecer os resultados das diferentes liñas de investigación, entre elas, as desenvolvidas polo equipo vigués. Os docentes da UVigo, que forman parte da agrupación estratéxica Ecobas, centráronse, por unha banda, en avaliar a situación das persoas LGTB no mercado de traballo de EEUU; por outra, en realizar unha análise comparativa en Europa da segregación ocupacional da poboación inmigrante e nativa, e como terceira pata, en desenvolver un concepto novo, que denominan perda de benestar que a sociedade experimenta debido á segregación, ofrecendo índices que permiten cuantificalo.

Unha das conclusións máis destacadas no que se refire á poboación inmigrante en España é que o 50% das mulleres de nacionalidade estranxeira tería que mudar de ocupación para estar equilibradamente representadas en todas as ocupacións do mercado laboral. No caso dos traballadores estranxeiros…