DUVI | O 63% das situacións de acoso que se producen na contorna dixital son exercidas por homes coñecidos pola vítima. Esta é unha da principais conclusións do estudo A violencia machista dixital a través da prensa galega presentado este luns na sede da Deputación de Pontevedra na cidade de Vigo pola deputada de Turismo e Xuventude, Ana Laura Iglesias, e pola directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gómez. O documento presentado hoxe constitúe o segundo informe do Observatorio Stop Machitroles, un órgano que ten como obxectivo “medir a incidencia da violencia machista no ámbito dixital” e que se creo ao abeiro da Cátedra de Feminismos 4.0 impulsada pola Deputación de Pontevedra e a UVigo.