O alumnado mide a súa capacidade de improvisación oral no concurso Eme-Pakuxa

Antonio Ramos, Mateo González e Santiago Pozo

DUVI | Mateo González, estudante do Máster de Telecomunicación, é o gañador da segunda edición de Eme-Pakuxa, o concurso de improvisación oral organizado desde a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía para animar ao alumnado universitario, non só do ámbito da enxeñaría, a mellorar a súa capacidade oratoria a través do formato Pecha Kucha (P-K), unha innovadora técnica de presentación que valora a creación dun discurso o máis orixinal e creativo posible fiado en torno a unha sucesión rápida de imaxes.