O Campus Auga busca os mellores traballos de investigación, transferencia e divulgación feitos na UVigo

DUVI | Unha das accións estratéxicas do Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense acreditado pola Xunta de Galicia, é premiar os esforzos das e dos investigadores que contribúan a desenvolver este campus a través do seu traballo. Co obxectivo de recoñecer e estimular estas contribucións, convócase este mes unha nova edición, a sexta, dos Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica do Campus Auga.