DUVI | Dos 3 ata os 86 anos. Estas foron as idades das preto de 80 persoas que pasaron a tarde do pasado venres no CINBIO, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, onde un ano máis arrancaron o curso abrindo as portas dos seus laboratorios á cidadanía co fin de amosar o seu potencial, así como o traballo diario que desenvolven as científicas e científicos dos 15 grupos de investigación que o conforman.
Baixo o lema Ciencia con C de CINBIO, a xornada de portas abertas comezou coa recepción das e dos visitantes por parte das traballadoras de xestión do centro e unha agarimosa benvida a cargo do director, Miguel Correa, quen reivindicou a súa aposta pola “ciencia accesible para todas a para todos co fin de fomentar as vocacións científicas e a atraer o futuro talento”.