DUVI | Visibilizar ás mulleres no mundo da ciencia. Este é un dos obxectivos cos que o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina, Cinbio, celebrou este venres a cuarta edición da Xornada Falemos de ciencia en igualdade, unha acción formativa desenvolvida no marco das axudas promovidas pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo para a organización de actividades que contribúan á sensibilización en materia de xénero e á transmisión de valores igualitarios na institución académica.