O Cinbio lanza CinVigo, un festival que converterá a cidade nun gran laboratorio científico

DUVI Faltan 60 días para que chegue a Vigo o festival científico CinVigo, organizado polo Cinbio, o Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo. Trátase dunha nova iniciativa coa que este centro de I+D+i, no que na actualidade traballan máis de 200 persoas, busca achegar a ciencia que día a día se fai nos seus espazos ás prazas e rúas,  convertendo así o centro da cidade olívica nun auténtico laboratorio científico do que poida ser partícipe toda a cidadanía.