O Cintecx abre as súas portas a alumnado de bacharelato STEM

Obradoiro Cintecx

DUVI | No caso do Cintecx a xornada de portas abertas arrancou cunha pequena presentación sobre o centro, para xa logo meterse de cheo nos obradoiros, tres talleres organizados polo propio persoal investigador con actividades moi visuais e prácticas para que os estudantes se puidesen facer unha idea, non só do tipo de actividades que se levan a cabo no Cintecx, senón tamén de como a tecnoloxía axuda a lograr unha sociedade industrial e sostible comprometida coa conservación do planeta.