O concurso de fotografía e debuxo Océanos que Unen xa ten gañadores e gañadoras

Buceando con papá

DUVI | Preto dun cento de persoas, dende nenos e nenas ata adultos, participaron no I Concurso de Debuxo e Fotografía Océanos que Unen, convocado polo Campus do Mar co gallo da celebración, hoxe luns 8 de xuño, do Día Mundial do Océanos. Coincidindo con esta data fixéronse públicos os nomes dos e das gañadoras nas diversas categorías: a de debuxo, orientada aos máis pequenos da casa entre os 3 e os 12 anos e a de fotografía para os de máis idade. En total, participaron no certame 95 persoas, que presentaron 52 debuxos e 43 fotos cos que puxeron en valor os areais galegos, a vida nos fondos mariños, as mareas ou as profesións relacionados co mar.