O cultivo de rodaballo presenta en Galicia unha clara tendencia á concentración de mercado

DUVI | O cultivo de rodaballo presenta en Galicia unha clara tendencia á concentración de mercado, limitándose a só catro as empresas que se dedican a esta actividade, catro firmas que son propietarias das doce plantas de produción de alevíns e de engorde que existen na actualidade nesta comunidade autónoma. Así se salienta na tese de doutoramento da investigadora de Ecobas Raisa Pérez Vas, profesora e investigadora do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade, unha investigación que entra de cheo no estudo financeiro empresarial da actividade acuícola galega, un sector cada vez máis relevante.