DUVI | O emprego de nanopartículas de ouro nas lentes de contacto protexe o ollo das radiacións nocivas, desde aquelas que emiten os punteiros láser e que acostuman empregarse nos estadios de fútbol ou nos concertos, ata a propia luz solar. Así o demostraron algúns dos últimos estudos publicados polo grupo de investigación TeamNanoTech, liderado por Miguel Correa, un equipo especializado no deseño e síntese de nanomateriais para o desenvolvemento de novas aplicacións, así como na súa implementación en todo tipo de dispositivos.
“As nanopartículas que incorporamos na lente permiten protexer o ollo porque absorben as luces intensas e evitan que se produzan danos”, explica Correa, quen na actualidade exerce tamén como director do Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo, Cinbio.