O estudo Predico anticipará a expansión e a incidencia da COVID-19

Iván Area

DUVI | O estudo Predico sobre modelos de predición dinámica sobre escenarios de afectación por COVID-19 a curto e medio prazo acaba de recibir financiamento por parte do Instituto de Salud Carlos III (ISCIII). A investigación, que terá como obxectivo predicir a evolución da expansión e incidencia da pandemia, contará coa participación de investigadores das universidades de Vigo, Santiago de Compostela e Aveiro e do Centro Nacional de Biotecnología (CSIC), sendo o seu coordinador o catedrático de Electromagnetismo da USC Jorge Mira.

“Este proxecto é un recoñecemento do traballo feito durante os peores días da pandemia e unha demostración de que é perfectamente posible o traballo entre compañeiros de distintas administracións, de distintas áreas de coñecemento e de distintos países”, explica o investigador da Universidade de Vigo Iván Area.