DUVI | A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte exerceu como sede do primeiro encontro como local do Escola Xadrez Pontevedra-Universidade de Vigo Estratexia pola Paz, na segunda xornada de competición na máxima categoría da Liga Galega de Xadrez. Pese a medirse a un equipo moi novo, que vén de ascender á División de Honra, o primeiro equipo do club universitario non puido pasar do empate (3-3) nun enfrontamento que, como recoñecen desde o club pontevedrés, viuyse lastrado polo “frouxo comezo de liga dos veteranos” dun equipo que alzouse en cinco ocasións co título autonómico.