DUVI | Cunha ampla traxectoria profesional como fiscal de carreira dende 1988, Luis María Uriarte presentou este curso a súa tese de doutoramento na Universidade de Vigo, dirixida pola catedrática Esther Pillado no marco de programa Xestión e resolución de conflitos. Menores, familia e xustiza terapéutica. Como obxecto de estudo decidiu centrarse na figura do comiso, que consiste na “privación definitiva por resolución xudicial dos efectos procedentes dun delito e dos bens, medios ou instrumentos con que se preparase ou executase, así como das ganancias provenientes dunha actividade delitiva ou, no seu caso, do seu equivalente, calquera que sexan as transformacións que puidesen experimentar”.