DUVI | Desde hoxe día 5 e ata o 9 abril, un equipo dirixido por Adolfo Fernández, arqueólogo do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo, está a desenvolver unha intervención arqueolóxica de limpeza, rexistro e sondaxes na factoría romana de salga da praia Canexol, na illa de Ons. A actuación conta co apoio do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e inscríbese dentro do proxecto de investigación Galtfish, que ten como obxectivo o estudo da explotación dos recursos mariños na costa galega en época romana.
O GEAAT realiza unha intervención arqueolóxica no xacemento romano da illa de Ons
