O GEAAT realiza unha prospección xeofísica no conxunto arqueolóxico de Lobarzán en busca de indicios de ocupación prehistórica

DUVI | Un equipo liderado por Beatriz Comendador, investigadora do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo, vén de realizar unha prospección xeofísica no sector norte do monte Castelo de San Salvador de Vilaza, no conxunto arqueolóxico de Lobarzán (Monterrei/Oímbra, Ourense). O obxectivo foi localizar indicios de ocupación prehistórica baixo a terra nas plataformas identificadas como de especial interese na prospección feita en 2019.