DUVI | O Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo volverá escavar un verán máis na cibdá galaico-romana de Armea, na parroquia de Santa Mariña de Augas Santas. Froito dun convenio de colaboración existente entre a institución académica e o Concello de Allariz, a campaña arqueolóxica de 2021 desenvolverase durante todo o mes de xullo e neste ocasión o obxectivo será ampliar a zona de escavación cara o leste. O alumnado universitario interesado en participar na intervención xa pode inscribirse nela.
O GEAAT volverá escavar no xacemento galaico-romano de Armea en xullo
