DUVI | Investigadores da Universidade de Vigo, da Universidade de Santiago de Compostela e do Instituto Español de Oceanografía en Vigo realizaron un estudo sobre o trasporte de plásticos de diferentes tamaños que entran no golfo de Bizkaia co fin de analizar o seu destino dentro desta área. Os resultados obtidos sinalan que este golfo constitúe unha zona de atrapamento para os plásticos que chegan a el.
O traballo foi publicado recentemente na revista Journal of Sea Research nun artigo titulado The Bay of Biscay as a trapping zone for exogenous plastics of different sizes e asinado por Laura Rodríguez, Moncho Gómez Gesteira e José Luis Gómez Gesteira, do grupo Environmental Physics Laboratory (Ephyslab), do CIM-Universidade de Vigo; Xurxo Costoya, do Instituto Cross-disciplinary Research in Environmental Technologies (Cretus), da USC, e Jesús Gago, do Centro Oceanográfico de Vigo, do IEO.