O Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio volverá escavar en Armea en xullo e agosto

DUVI | Un ano máis o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo volverá a escavar este verán na cibdá romana de Armea, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas. Froito dun convenio de colaboración existente entre a institución académica e o Concello de Allariz e co apoio da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense, a campaña arqueolóxica de 2023 desenvolverase durante a segunda quincena de xullo e a primeira de agosto.