O grupo de Novos Materiais espalla o coñecemento sobre biofabricación cun ciclo de conferencias

O grupo de Novos Materiais espalla o coñecemento sobre biofabricación cun ciclo de conferencias

DUVI | A biofabricación é un ámbito de coñecemento multidisciplinar que involucra a tecnólogos, persoas expertas en biomateriais, procesos de fabricación e bioimpresión e tamén a especialistas en bioloxía, farmacia e medicina, que dominan as técnicas de cultivos celulares in vitro e modelos animais, coa finalidade de obter produtos orientados a enxeñería de tecidos e a medicina rexenerativa. “Estas tecnoloxías van permitir o crecemento e fabricación de organoides e tecidos biolóxicos que, a corto prazo, poderán utilizarse para o ensaio de novos medicamentos, estudios toxicolóxicos e modelos do comportamento e evolución de tumores”, explica o catedrático do Departamento de Física Aplicada e integrante do grupo de Novos Materiais da UVigo, Pío González, que tamén avanza que “a posible utilización en humanos aínda se ve distante debido aos estritos procesos regulatorios e altos costes”.